L5 COSTA: NOVA PLANTA DE NITENS MÁS TOLERANTE A FUNGOS
Recentemente, en Ence Terra incorporamos á nosa planta de viveiro un novo material de eucalipto nitens. Ten o máximo grao de mellora (L5) e provén de rexións nas que é frecuente a presenza de fungos, polo que presenta unha tolerancia natural aos mesmos superior ao L5 normal, e con vantaxes adicionais á semente de orixe Tallaganda.
Este material, dispoñible xa nos nosos viveiros, é moi recomendable para as zonas de nitens de menor altitude nas que hai un maior risco de afección por fungos como a Teratosphaeria.
Melloramos así o abanico de materiais xenéticos de calidade dispoñibles nos nosos viveiros para os propietarios forestais que desexen combinar na súa plantación o máximo grao de mellora de nitens coa resistencia aos fungos, que poden producir problemas no cultivo de eucalipto nas zonas situadas máis ao norte.
A actividade dos nosos viveiros está esencialmente dedicada a que os propietarios forestais de hoxe e de mañá teñan a mellor planta dispoñible para os seus cultivos. Non só desde o punto de vista da produción de madeira, senón tamén a máis adecuada ás súas parcelas desde o punto de vista sanitario e no contexto do cambio climático. A mesma planta que Ence Terra utiliza nas súas plantacións. Porque avanzamos xuntos na sustentabilidade dos nosos montes.
#enceplansocialpontevedra #ResponsabilidadSocialCorporativa #MedioAmbiente #Conservación
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!