TRAZABILIDADE
Sistema de produción que garante a reconstrución integral do proceso produtivo da planta, desde a súa orixe e pedigrí ata o último dos tratamentos de cultivo aplicados no proceso.
GARANTÍA
Viveiros ENCE do mesmo xeito que a súa empresa matriz, garanten poñer todos os medios ao seu alcance para favorecer e potenciar a xestión do seu monte, mediante a transferencia de coñecemento, a achega de planta mellorada a prezos competitivos, así como a través da formación e información e o desenvolvemento de programas de sensibilización ambiental.
INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN
Toda planta mellorada é o resultado dunha constante investigación e aplicación de técnicas innovadoras que son a garantía dunha mellora continua e sustentable.
CALIDADE
Viveiros Ence aplica uns esixentes estándares de calidade nos procesos e produtos desenvolvidos na súa actividade, e que se atopa certificada polos sistemas FSC® (con número de licenza FSC- C099970), OHSAS®…
RENDIBILIDADE
A planta mellorada representa unha mellora que foi cuantificada e certificada, o que a constitúe como a mellor alternativa para o éxito do investimento nunha plantación.