Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal
I. Datos Identificativos
O presente aviso e condicións legais (en adiante, o ‘’Aviso Legal’’) normaliza o uso dos servizos dos seguintes portais de Internet “www.ence.es”, “www.compramosmadera.es” e “www.encepontevedra.com” (en adiante, o “Portal”). Recoméndase ler detidamente as seguintes Condicións.
Co obxecto de cumprir co deber de información de acordo co establecido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, quedan reflexados a continuación os seguintes datos:
Empresa Titular: Ence Enerxía e Celulosa, S.A.
Dirección: C/ Beatriz de Bobadilla 14, 4ª Planta, 28040, Madrid
Información de Contacto: info@ence.es o +34 91 337 85 00
CIF: A-28212264
Datos Rexistrais: Rexistro Mercantil de Madrid, Folla nº M-31131, Folio 157, Tomo 27285
II. Usuarios
O acceso e/ou uso do Portal de Ence Energía y Celulosa, S.A. atribúe a condición de usuario, (en adiante, o ‘’Usuario’’) que acepta plenamente, dende o momento de acceso e/ou uso, as Condiciones Xerais de Uso que aquí se reflexan.
III. Uso do Portal
O Portal de Ence Energía y Celulosa, S.A. proporciona o acceso a multitude de informacións, programas ou datos (en adiante, os “Servizos”) na Internet pertencentes a Ence Energía y Celulosa, S.A. ou aos seus licenciantes aos que o Usuario pode ter acceso.
A prestación dos Servizos, por parte de Ence Energía y Celulosa, S.A. ten carácter gratuíto para os Usuarios.
O Usuario asume a responsabilidade de uso do Portal, a cal se estende ao rexistro ou cumprimentación de formularios que se requira para acceder a determinados servizos ou contidos. En todo caso, o rexistro efectuarase na forma expresamente indicada no propio servizo, sendo o Usuario responsable de proporcionar información veraz e lícita, e manter actualizada, en todo momento a información que facilite.
Como consecuencia deste rexistro, ao Usuario pódeselle proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.
O Usuario será o único responsable das manifestacións falsas e inexactas que realice e dos prexuízos que cause a Ence Energía y Celulosa, S.A. ou a terceiros pola Información que facilite.
O Usuario comprométese, ademais, a facer un uso apropiado da Web e os seus Servizos, sen vulnerar o disposto no presente Aviso Legal, prohibindo o que sigue:
a) Incidir en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á orde pública.
b) Difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos.
c) Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Ence Energía y Celulosa, S.A., dos seus provedores ou terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou cales queira outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados.
d) Intentar acceder e, no seu caso, empregar as contas de correo electrónico de outros Usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.
Ence Enerxía e Celulosa, S.A. resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, Ence Enerxía e Celulosa, S.A. non será responsable das opinións vertidas polos Usuarios a través de foros, chats, ou outras ferramentas de participación.
Respecto dos contidos (informacións, fotografías, deseño, texto, arquivos de son, arquivos de imaxe), quedará prohibido:
a) Reproducir, copiar, distribuír, difundir, transformar ou modificar, e comunicalos publicamente a non ser que se conte coa autorización do lexítimo titular ou estea permitido legalmente.
b) Vulnerar os dereitos de Ence Enerxía e Celulosa, S.A. ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
c) Utilizalos para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos permitidos.
d) Tentar obter os contidos do Portal por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos usuarios así como dos que habitualmente se empreguen na rede.
IV. Protección de datos de carácter persoal – Política de Privacidade de Ence Enerxía e Celulosa, S.A.
Ence Enerxía e Celulosa, S.A., cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento, e ver por garantir o correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario.
Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá recabar, en cada formulario esixido para o acceso a determinados Servizos ou contidos, datos de carácter persoal para o seu almacenamento e/ou emprego, con respecto ao Usuario. Automaticamente, ditos datos incluiranse nas bases de datos responsabilidade de Ence Energía y Celulosa, S.A. (en adiante, o ‘’Responsable do Tratamento’’) cuxos datos de contacto se atopan no apartado I. do presente Aviso Legal.
O Responsable do Tratamento comprométese a tratar os datos facilitados polo Usuario, de acordo co establecido na normativa aplicable coas seguintes finalidades:
- Prestación do servizo de compra de madeira
- Xestión de procesos de selección
- Cuestionarios sobre a xestión forestal para grupos de interés
A base lexítima do tratamento para todas as anteriores finalidades é o consentimento. Os datos obtidos poderán ser cedidos a outras sociedades do grupo ou a terceiros que presten servizos de xestión de ditos tratamentos.
En calquera momento, o Usuario poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación ou esquecemento, Oposición, Oposición Automatizada, Portabilidade e Limitación do Tratamento, seguindo o procedemento do documento “Instrucciones para el Ejercicio de Derechos del Interesado”, dispoñible na páxina web de ENCE.
Para máis información, consulte a Política de Privacidade.
V. Propiedade Intelectual e Industrial
Ence Energía y Celulosa, S.A. por si ou como cesionaria, é titular de tódolos dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de Ence Energía y Celulosa, S.A. o ben dos licenciantes.
Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de Ence Energía y Celulosa, S.A. O Usuario comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de Ence Energía y Celulosa, S.A. Poderá visualizar os elementos do Portal e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O Usuario deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de Ence Energía y Celulosa, S.A.
VI. Exclusión de garantías e Responsabilidade
En ningún caso, Ence Energía y Celulosa, S.A., outorgará garantías ou se fará responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que se puideran derivar, a título enunciativo:
a) Errores ou omisións nos contidos e/ou servizos.
b) Falta de dispoñibilidade e funcionamento efectivo do Portal e/ou os seus Servizos e contidos.
c) A presenza ou transmisión de virus ou programas maliciosos pese a haber configurado tódalas medidas tecnolóxicas para evitalo.
d) As opinións dos usuarios nos foros, chat, e mensaxes nas distintas zonas do Portal.
e) O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ao orde público do Portal, os seus Servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
VII. Modificaciones
Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá, sen previo aviso, e sempre que o considere oportuno, modificar unilateralmente a estrutura e deseño do Portal así como as súas condicións de acceso e/ou uso. Ademais poderá modificar, eliminar ou engadir os contidos e Servizos prestados a través da mesma, así como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no Portal.
VIII. Enlaces
O Portal de Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá dispoñer de enlaces ou hipervínculos a outros sitios da Internet controlados e xestionados por terceiros.
Ence Energía y Celulosa, S.A. non exerce ningún tipo de control, tampouco comercializa nin fai propios os contidos, servizos, informacións e manifestacións dispoñibles en ditos sitios web. Así mesmo, a inclusión destas conexións externas non implica ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.
En ningún caso, Ence Energía y Celulosa, S.A. asumirá ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos contidos de algún enlace pertencente a un sitio web alleo, e/ou polos danos e prexuízos de toda clase que puideran derivarse do acceso aos mesmos. Tampouco se garantizará a dispoñibilidade técnica, fiabilidade, calidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou outros sitios de Internet.
IX. Dereito de exclusión
Ence Energía y Celulosa, S.A. resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao Portal e/ou os Servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou de un terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condiciones Xerais de uso.
X. Xeneralidades
Ence Energía y Celulosa, S.A. perseguirá o incumprimento das presentes Condicións así como calquera utilización indebida do seu Portal exercendo tódalas accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.
XI. Modificación das presentes Condicións Xerais
Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá modificar en calquera momento as condicións estipuladas, sendo debidamente publicadas tal e como aquí se presentan. A vixencia das citadas condiciones irá acorde coa súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
XII. Duración
A prestación do servicio do sitio web, así como dos servizos que ofrece, terá unha duración de carácter indefinido. Non obstante, Ence Energía y Celulosa, S.A. resérvase o dereito para interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo do Portal ou de calquera dos servizos e/ou contidos que o compoñen.
XIII. Lexislación aplicable e Xurisdición
A relación entre Ence Energía y Celulosa, S.A. e o Usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia, conflito ou disputa que suxire, será resolto polos Xulgados e Tribunais de Madrid.