Ence iniciou no ano 1982 un programa de mellora xenética do xénero Eucalyptus, creando as primeiras poboacións de árbores seleccionadas na Península Ibérica e Australia que serviron de base para a mellora do xénero e iniciando así os primeiros desenvolvementos na área de I+D Forestal.
Desde entón, Ence non deixou de desenvolver e optimizar este programa cuxo principal obxectivo é o asegurar unha mellora continua e sustentable da planta destinada ás plantacións de eucalipto.
En paralelo a este programa de mellora, para reproducir as árbores melloradas no caso do Eucaliptus globulus, Viveiros Ence desenvolveu unha técnica de reprodución vexetativa mediante estaquiñas con follas. Está técnica permite establecer un sistema a escala comercial de reprodución de árbores melloradas ou reprodución clonal. A vantaxe desta técnica radica en que asegura a propagación do valor xenético total da árbore seleccionada e por tanto garante o 100% da mellora deste.
A identificación e selección dunha árbore dentro do programa de mellora responde a unha avaliación de 16 trazos ou características como produtividade, rectitud, resistencia á tensión ambiental, resistencia a pragas e enfermidades, tolerancia ao frío, capacidade de rebrote…
Noutros casos tamén se emprega a reprodución de planta a partir de sementes. Neste caso, estas sementes proceden de hortos sementeiros constituídos por árbores melloradas e cuxa mellora está avaliada e certificada a través do resultado obtido dos seus proxenies.
Despois de máis de 35 anos, Viveiros Ence ofrecen unha extensa oferta de planta mellorada entre a que destacamos máis dunha ducia de clons mellorados de Eucaliptus globulus cun amplo abanico de características que representan unha garantía para o éxito das plantacións.
Viveiros Ence, foi pioneiro na implantación de programas de certificación forestal da súa xestión, sendo, ademais, a primeira empresa en obter os certificados en xestión forestal e responsable na Península Ibérica, incluíndo a certificación da Cadea de Custodia.