Compramos anualmente máis dun millón de toneladas de madeira certificada de eucalipto en Galicia e Asturias, que cortamos baixo os máis elevados estándares de calidade e seguridade.
Ademais, temos convenios con decenas de asociacións de propietarios forestais ao longo de toda a Comunidade e tamén en Asturias, sendo a satisfacción do propietario o noso obxectivo común.
Estamos presentes en todos os concellos do norte Asturiano e nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, cunha estrutura de máis de 20 compradores propios, con elevada formación técnica e experiencia no mercado da madeira e a biomasa.
Contamos cun servizo de recepción de chamadas 24 horas de luns a domingo. Pode contactarnos en calquera momento no teléfono gratuíto 900100125. Nel, poñeranlle en contacto cos nosos técnicos de referencia, que poderán asesorarlle e visitar e valorar a súa madeira.
As nosas tarifas de compra de madeira son públicas, pode consultalas na web www.compramosmadera.es e a maior parte das nosas compras realízanse a resultas. Grazas a isto e aos informes das básculas situadas nas nosas biofábricas, que obtemos en tempo real, a transparencia entre ENCE e o propietario forestal é total.
Todas as curtas de madeira compradas por ENCE realízanse seguindo estritamente a Lexislación vixente. Encargámonos de realizar todos os trámites administrativos necesarios.